Botón mapa

Vida Cotiá

Aportado por extramundi

Imagen artística desenfocada. Primer plano de césped con fondo personas sentadas.
Conversa con Samu na tenda Mononoke (barrio de San Pedro)

[Transcrición en galego. Abaixo en español]

 - Samu: normalmente pois traballo pola mañá, estou de caixeiro aí en Carrefour, e polas tardes teño días que estou na piscina e no ximnasio. O meu ocio son as sobriñas, que hai veces que hai que quedar con elas porque os pais traballan, e non hai problema ningún desde logo en quedar con elas. Outra porque vas á súa casa e tes ganas de velas e tiras a tarde con elas xogando, ou sair á Praza de Europa na Área Central ou por aí, ou ben vamos por aí un día de excursión cando a miña irmá libra, gústalle ir ao campo e moverse por aí, por fóra de Santiago, sempre ao aire libre, e así. Meu ocio, aquí como ben sabedes, os mércores despois do ximnasio, pois temos aí unha quedadiña para botar unha partidiña de mus...

- Eva: dia do Deporte, despois do ximnasio... claro!

(risos)

- Samu: e ben, uns dias tamén quedar na casiña, como todo o mundo pois... no meu sofá, coa miña mantiña... e poñer unha serie ou algunha peliculiña e... a deitarse un pouquiño cedo para traballar ao dia seguinte..."

_

[Traducción en español]

Título: Vida Cotidiana.

Subtítulo: Conversación con Samu en la tienda Mononoke (barrio de San Pedro)

- Samu: normalmente pues trabajo por la mañana, estoy de cajero ahí en Carrefour, y por las tardes tengo días que estoy en la piscina y en el gimnasio. Mi ocio son las sobrinas, que hay veces que hay que quedar con ellas porque los padres trabajan, y no hay problema ninguno desde luego en quedar con ellas. Otra porque vas a su casa y tienes ganas de verlas y tiras a tarde con ellas jugando, o sair a la Plaza de Europa en la Arena Central o por ahí, o bien vamos por ahí un día de excursión cuando mi hermana libra, le gusta ir al campo y moverse por ahí, por fuera de Santiago, siempre al aire libre, y así. Mi ocio, aquí como bien sabéis, los miércoles después del gimnasio, pues tenemos ahí una quedadita para echar una partidita de mus...

- Eva: el Día del Deporte, después del gimnasio... ¡claro!

(risas)

- Samu: y bueno, unos días también quedar en casita, como todo el mundo pues... en mi sofá, con mi mantita... y poner una serie o alguna peliculita y... a acostarse un poquito temprano para trabajar al día siguiente...

 

Elementos relacionados

Bonaval

Paseo Inspirador