Botón mapa

Ensinarlles aos Xordos?

Aportado por extramundi

Plano medio de hombre gesticulando con brazos en alto y palmas extendidas.
Conversa con Ana, Merce e Andrés no restaurante TS Casa

[Transcrición en galego. Abaixo en español]

Andrés: Por último, no 1979 é cando se crea a asociación no Colexio Rexional de Xordos de Santiago que ata o momento só impartía a EXB. Naquel momento eu propuxen ao equipo docente crear a FP1 e os profesores dixéronme “non pode ser, imposible, estás tolo! Para os xordos? Imposible! Non se pode, porque os xordos non teñen capacidade!”.

Tivemos unha discusión moi forte e finalmente propuxemos crear a FP para persoas xordas en colaboración cun instituto que estaba na zona de Conxo, o Mestre Mateo (consultei isto con Andrés e dime que aquí tivo unha confusión e realmente el refírese ao Instituto Politécnico, pero no vídeo di Mestre Mateo) pero o profesorado aínda non estaba conforme porque dicían que como lles ían ensinar matemáticas, xeografía ou relixión, mais a min resultábame estraño que o profesor de relixión que era un cura, Andrés Torres Queiruga que hoxe é un famoso teólogo, dixera que non se lle podía ensinar aos xordos.

Eu díxenlle “si se lles pode ensinar. Por exemplo, os xordos van a misa, verdade?. O cura como lles vai explicar a misa? Quen é o responsable?”.  Entón este cura quedou parado, cambioulle a cara e dime: “Eu?”, “Claro! Tes que explicarlles aos xordos que é a misa, ou que vas facer? Abandónalos? Antes terás que ensinarlles o básico”. Os profesores facían acenos e murmuraban: “non, non pode ser”. Mostrábanse moi remisos, pensaban que os xordos eran peores que os oíntes, que eran inferiores. Entón o profesor de matemáticas dicíame “eu, eu ensinarlle matemáticas a eles? Por exemplo, álxebra?” , “si, claro que pode, vostede pode ensinarlle a un can, e os cans non falan, verdade? Pois a unha persoa xorda tamén”. Pero seguían xesticulando.

No primeiro ano aprenderon e progresaron moitísimo, en laboratorio, matemáticas… os profesores estaban satisfeitos e os alumnos xordos ían adiante. Eu dicíalles “vedes, vedes como ás persoas xordas se lles pode ensinar?”. Fomos avanzando pero foi difícil que aceptaran, eran moi ríxidos.

O FP1 funcionou ben, eu quería continuar co FP2 pero xa o profesorado xa non quixo, dixeron que FP1 e nada máis. Entón déronme as materias de tecnoloxía de madeira e tecnoloxía de delineación e construción, que eu aceptei impartir. Con tempo e paciencia os xordos comezaron a progresar e a partir de aí abríronse, xa que antes eran un grupo moi pechado e iso era un problema."

_

 

[Traducción en español]

 

Título: ¿Enseñarles a los Sordos?

Subtítulo: Conversación entre Ana, Merce y Andrés en el TS A Casa

“ Por último, en el 1979 es cuando se crea la asociación en el Colegio Regional de Sordos de Santiago, que hasta el momento sólo impartía la EGB. En aquel momento, yo propuse al equipo docente crear la FP1 y los profesores me dijeron "¡no puede ser, imposible, estás loco! Para los sordos? Imposible! No se puede, porque los sordos no tienen capacidad!".

Tuvimos una discusión muy fuerte y finalmente propusimos crear la FP para personas sordas en colaboración con un Instituto que estaba en la zona de Conxo, el Maestro Mateo (consulté esto con Andrés y me dice que aquí tuvo una confusión y realmente él se refiere al Instituto Politécnico, pero en el video dice Maestro Mateo). Pero el profesorado aún no estaba conforme porque decían que cómo les iban a enseñar matemáticas, geografía o religión, peroa mí me resultaba extraño que el profesor de religión que era un cura, Andrés Achicharres Queiruga, que hoy es un famoso teólogo, había dicho que no se le podía enseñar a los sordos.

Yo le dije: "Sí se les puede enseñar. Por ejemplo, los sordos van la misa, verdad? El cura, ¿como les va a explicar la misa? ¿Quién es el responsable?". Entonces este cura quedó parado, le cambió la cara y me dice: "¿Yo?", "!claro!. Tienes que explicarles a los sordos que es la misa, o ¿qué vas a hacer? ¿los abandonas?. !Antes tendrás que enseñarles el básico!". Los profesores hacían señas y murmuraban: "no, ¡no puede ser!". Se mostraban muy reacios, pensaban que los sordos eran peores que los oyentes, que eran inferiores. Entonces el profesor de matemáticas me decía "yo, ¿yo enseñarle matemáticas a ellos?. Por ejemplo, ¿álgebra??", "sí, claro que puede, usted puede enseñarle a un perro, y los perros no hablan, ¿verdad?. Pues a una persona sorda ¡también!". Pero seguían gesticulando.

En el primero año aprendieron y progresaron muchísimo, en laboratorio, matemáticas! los profesores estaban satisfechos y los alumnos sordos iban adelante. Yo les decía "¿veis?, ¿veis como a las personas sordas se les puede enseñar?". Fuimos avanzando pero fue difícil que aceptaran, eran muy rígidos.

El FP1 funcionó bien, yo quería continuar con el FP2 pero ya el profesorado ya no quiso, dijeron que FP1 y nada más. Entonces me dieron las materias de tecnología de madera y tecnología de delineación y construcción, que yo acepté impartir. Con tiempo y paciencia los sordos comenzaron a progresar y a partir de ahí se abrieron, ya que antes eran un grupo muy cerrado y eso era un problema.

Elementos relacionados

Formarse Para o Futuro